Patrologia Graeca

Dídimo Alexandrino na Patrologia Graeca.

A Patrologia Graeca (ou Patrologiae Cursus Completus, Series Graeca) é unha colección editada das obras dos Padres da Igrexa cristiáns e varios escritores seculares, escritos en koiné antiga ou en grego medieval. Consiste de 161 volumes producidos en 1857-1866 pola Imprimerie Catholique de J. P. Migne. Están incluídos na obra tanto os autores orientais como os occidentais que escribiron antes de que o latín se volvese predominante na igrexa occidental no século III , o caso de todos os Padres Apostólicos, por exemplo, e tamén as Epístolas de Clemente, o Pastor de Hermas, Eusebio de Cesarea, Oríxenes e os Padres Capadocios, Basilio Magno, Gregorio Nacianceno e Gregorio de Nisa.

Os 161 volumes foron encadernados en 166 libros diferentes (os volumes 16 e 87 están divididos en tres partes e o volume 86, en dúas). Un importante volume final, que incluiría algúns suplementos e un índice completo, nunca foi publicado, pois as placas foron destruídas nun incendio en 1868[1]

A primeira serie contiña apenas traducións latinas dos orixinais (81 volumes, 1856 - 1861). A segunda xa contiña o texto en grego cunha tradución sinóptica para o latín (166 volumes, 1857-1866). Os textos están interrelacionados, cunha columna en grego e unha correspondente ao lado coa tradución latina. Nos puntos onde o orixinal grego se perdeu, como no caso de Ireneo, os fragmentos sobreviventes están espallados por todo o texto en latín. Nun caso, o orixinal está preservado en siríaco e só e traducido para o latín. Moitas veces, a información sobre o autor é dada tamén en latín.

  1. Cavallera, Ferdinando. "Apud Garnier Fratres". Patrologia Graeca Cursus Completus - Indices (en inglés). Paris. p. 21. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search